Ola!
En primeiro lugar quero saudar a tod@s os membros da nosa comunidade educativa que estades a ler estas liñas.
Estamos a vivir unha situación excepcional e dende que isto comezou son moitas as preguntas (as veces sen resposta) que estamos a facernos.
A partir de mañá, daremos un paso máis na volta a normalidade e o noso alumnado poderá saír a rúa segundo as condicións que se establecen neste documento.
Que fago se meu fillo ou filla ten medo a saír a rúa?
Procura que non sinta presión por saír. E importante que sinta que comprendes os seus medos.
Reduce os seus temores dun xeito cariñoso aportándolle seguridade.
Usa o exemplo doutros nenos e nenas que están a pasar pola mesma situación e van saíndo a rúa.
Para unha información máis completa sobre esta cuestión premer aquí.
Ademáis, no apartado de ligazóns de interese e entretemento tedes máis recursos que vos poden ser de axuda nesta situación.
Finalmente quero agradecer a vosa participación nas diversas iniciativas que estamos levando a cabo dende o cole coma a galería de arte.
Lembrade que estamos xunt@s nisto e que se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós.
Unha aperta
Sara