top of page
Foto del escritorSara

Un pasiño máis


Ola!


En primeiro lugar quero saudar a tod@s os membros da nosa comunidade educativa que estades a ler estas liñas.


Estamos a vivir unha situación excepcional e dende que isto comezou son moitas as preguntas (as veces sen resposta) que estamos a facernos.


A partir de mañá, daremos un paso máis na volta a normalidade e o noso alumnado poderá saír a rúa segundo as condicións que se establecen neste documento.


Que fago se meu fillo ou filla ten medo a saír a rúa?


  • Procura que non sinta presión por saír. E importante que sinta que comprendes os seus medos.

  • Reduce os seus temores dun xeito cariñoso aportándolle seguridade.

  • Usa o exemplo doutros nenos e nenas que están a pasar pola mesma situación e van saíndo a rúa.

Para unha información máis completa sobre esta cuestión premer aquí.


Ademáis, no apartado de ligazóns de interese e entretemento tedes máis recursos que vos poden ser de axuda nesta situación.


Finalmente quero agradecer a vosa participación nas diversas iniciativas que estamos levando a cabo dende o cole coma a galería de arte.


Lembrade que estamos xunt@s nisto e que se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós.


Unha aperta


Sara

92 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page