En moitas ocasións, cando un neno ou unha nena presenta unha conduta inadecuada cometemos o erro de gritarlle.
Debemos ter en conta que cada nen@ é diferente, e non existe unha receita máxica nin universal para mellorar a súa conduta pero si hai unha serie de pautas comúns que poden axudarnos a mellorar moitas das súas condutas.
Establecer normas breves, claras cun tempo para facelo e sen ameazas: En vez de dicir “recolle os teus xoguetes e fai as tarefas do cole” sería mellor “recolle os teus xoguetes antes de merendar” e cando remate con esta acción dicirlle a seguinte. Ademáis en vez de dicirlle “senón fas as tarefas non xogarás coa consola” poderíamos dicirlle “cando remates as tarefas poderás xogar coa consola”.
Cumprir coas consecuencias propostas: Temos que cumprir cos premios ou cos castigos que lle propoñemos. É importante levalos a cabo sen ceder, xa que senón creamos un precedente, e a nosa palabra perderá credibilidade e o nen@ repetirá esta conduta ao ver que os seus actos non teñen unha consecuencia.
Mostrar coherencia e consenso nas nosas accións: En canto a coherencia, é importante que se lle pedimos que non berre non o fagamos berrándolle, hai que ser un exemplo a través da nosa conduta. No caso do consenso faise alusión a que os referentes máis próximos do nen@ establezan as mesmas normas ou semellantes, por exemplo: si a nai lle deixa ver 30 minutos de televisión ao día que outra persoa non contradiga esta norma deixándolle deixándolle vela 3 horas.
Finalmente invítovos a que vexade esta entrevista da psicóloga Patricia Ramírez Loeffer na que se tratan algunhas das cuestións mencionadas dun xeito máis amplo.
Unha aperta, agardo que vos sexa de utilidade.