top of page
Foto del escritorSara

Como podo mellorar o comportamento do meu fillo ou da miña filla?


En moitas ocasións, cando un neno ou unha nena presenta unha conduta inadecuada cometemos o erro de gritarlle.


Debemos ter en conta que cada nen@ é diferente, e non existe unha receita máxica nin universal para mellorar a súa conduta pero si hai unha serie de pautas comúns que poden axudarnos a mellorar moitas das súas condutas.


Cales son esas pautas?


  • O tempo de atención que lle prestamos as condutas adecuadas e as inadecuadas: Soemos incidir e dedicarlle máis tempo os seus comportamentos inadecuados e esquecemos felicitar as condutas adecuadas.


  • Establecer normas breves, claras cun tempo para facelo e sen ameazas: En vez de dicir “recolle os teus xoguetes e fai as tarefas do cole” sería mellor “recolle os teus xoguetes antes de merendar” e cando remate con esta acción dicirlle a seguinte. Ademáis en vez de dicirlle “senón fas as tarefas non xogarás coa consola” poderíamos dicirlle “cando remates as tarefas poderás xogar coa consola”.


  • Cumprir coas consecuencias propostas: Temos que cumprir cos premios ou cos castigos que lle propoñemos. É importante levalos a cabo sen ceder, xa que senón creamos un precedente, e a nosa palabra perderá credibilidade e o nen@ repetirá esta conduta ao ver que os seus actos non teñen unha consecuencia.


  • Mostrar coherencia e consenso nas nosas accións: En canto a coherencia, é importante que se lle pedimos que non berre non o fagamos berrándolle, hai que ser un exemplo a través da nosa conduta. No caso do consenso faise alusión a que os referentes máis próximos do nen@ establezan as mesmas normas ou semellantes, por exemplo: si a nai lle deixa ver 30 minutos de televisión ao día que outra persoa non contradiga esta norma deixándolle deixándolle vela 3 horas.


  • Suprimir as etiquetas persoais e aludir a conduta: expresións coma “é un vago” inciden na súa persoa e non na súa conduta e así o que fai e encadralo nun rol que pode acabar asumindo (efecto Pigmalión ou profecía autocumprida).

Finalmente invítovos a que vexade esta entrevista da psicóloga Patricia Ramírez Loeffer na que se tratan algunhas das cuestións mencionadas dun xeito máis amplo.




Unha aperta, agardo que vos sexa de utilidade.


Sara

15 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page