top of page
Mónica

Quizais o que non saibades e que hoxe tamén é o día mundial da reciclaxe. Aquí vos deixo un vídeo.


A continuación explicareivos un pouco que meter en cada contedor:

-No azul: papeis e cartóns.

-No verde: cristais, tanto botellas de cristal como tarros de marmeladas que sexan de cristal tamén.

-No amarelo: plásticos e aluminios, bricks de zumos e leite, latas, botellas de plástico, tapas e tapóns de metal, plástico e chapas, bandexas de aluminio, aerosoles (botes de desodorante...), papel film, bandexas de corcho branco e tubos de pasta de dentes, entre outros.

-Finalmente, o resto de cousas irá no colector de residuos orgánicos.


Algunhas curiosidades, para que vexades a importancia da reciclaxe:


Por un mundo mellor, fagamos del un mundo máxico.

Mónica

Como xa saberedes este ano adícase este día tan especial a: Ricardo Carvalho Calero. Non deixedes de visitar o seguinte enlace para desfrutar da cantidade de recursos e xogos que comparteu a miña compañeira: Sara.



Ou tamén no seguinte enlace:


Non esquezamos a nosa orixe para que nos recorden no futuro, falemos galego. E lembremos...


"Ser galego é saber que nunca chove a gusto de todos e que nunca choveu que non escapara". Bo día.

bottom of page