top of page

Boas!


Quería lembrarvos que xa podedes solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.


-Ata cando podo presentar a documentación?


O prazo para presentar esta solicitude é ata o 19 de xuño.


-Que documentos teño que presentar?


No artigo 12 do documento aparece a documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.


Premendo na imaxe podedes abrir o documento da convocatoria.






















Premendo aquí tedes acceso a información sobre a presentación telemática e presencial da documentación.


Unha aperta,


Sara

bottom of page